Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2021 Páx. 7188

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 11 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas ao alumnado do Centro Superior de Hostalería de Galicia, para cursar estudos complementarios para a obtención dun título oficial en Dirección Hoteleira no estranxeiro no curso 2020/21, e se procede á súa convocatoria para o curso 2020/2021 (código do procedemento TU200B).

BDNS (Identif.): 547181.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios/as

Poderán solicitar estas axudas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos que establece esta resolución e teñan formalizada a matrícula para realizar estudos complementarios para a obtención no curso 2020/21 dun título oficial de Dirección Hoteleira no estranxeiro.

Segundo. Obxecto e réxime

Estas bases teñen por obxecto o outorgamento, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas á matrícula para os/as alumnos/as que teñan finalizados os estudos de Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras ou Diploma Superior en Xestión Hoteleira do Centro Superior de Hostalería de Galicia e vaian realizar estudos complementarios para a obtención no curso 2020/21 dun título oficial de Dirección Hoteleira no estranxeiro.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 11 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas ao alumnado do Centro Superior de Hostalería de Galicia, para cursar estudos complementarios para a obtención dun título oficial en Dirección Hoteleira no estranxeiro no curso 2020/21, e se procede á súa convocatoria para o curso 2020/21 (código do procedemento TU200B).

Cuarto. Importe

As axudas previstas nestas bases imputaranse á aplicación orzamentaria 05.A2 761A 480.0, proxecto 2015 00006,dos orzamentos da Axencia Turismo de Galicia para a anualidade 2021,cun importe total de 30.000 €.

Ao abeiro desta convocatoria concederase un máximo de 10 axudas de estudos, cunha contía máxima de 3.000 € por alumno, sen que en todo caso esta cantidade supere o 40 % do importe da matrícula.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Sexto. Aboamento e xustificación das axudas

A Axencia Turismo de Galicia aboará a axuda unha vez notificada a resolución de concesión.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2021

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia