Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2021 Páx. 7049

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 6/2021 que se segue no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense.

O Servizo de Persoal do Concello de Ourense recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Ourense, polo que se require o emprazamento de cantos aparezan como intersados no recurso contencioso-administrativo PO 6/2021, interposto pola representación procesual de Confederación Intersindical Galega (CIG), contra o acordo de aprobación da oferta de pública de emprego do ano 2020 do Concello de Ourense, publicada no BOP núm. 192, do 22 de agosto de 2020, e DOG núm. 171, do 25 de agosto de 2020.

En consecuencia, esta concellaría acordou, nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, o envío do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no referido xulgado, no prazo de nove días, contados desde o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 26 de xaneiro de 2021

Armando Ojea Bouzo
Concelleiro delegado de Recursos Humanos