Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2021 Páx. 7050

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rois

ANUNCIO sobre corrección dun erro material do Plan xeral de ordenación municipal no núcleo rural de Abelendo, parroquia de Urdilde.

O Pleno do Concello de Rois, en sesión plenaria do día 7 de marzo de 2016, adoptou, con base nos informes xurídico e técnico que constan no expediente, o seguinte acordo:

Primeiro. Tomar coñecemento e aprobar a corrección do erro material descrito no documento formulado polos técnicos municipais de corrección dun erro material do PXOM en Abelendo, parroquia de Urdilde, que se refire ao plano de ordenación C-4 do PXOM, consistente nunha discrepancia entre a localización do núcleo rural de Abelendo, parroquia de Urdilde, que reflicte o plano de ordenación C-4 do PXOM de Rois e a situación real do antedito núcleo, que está definida polas coordenadas expresadas no informe do arquitecto técnico ( X:524.135, Y:4.740.726), co fin de que no plano C-4 do PXOM se reflicta a situación real do núcleo de Abelendo.

Segundo. Notificar o presente acordo á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, en cumprimento do disposto no artigo 92.5 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural.

Terceiro. Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Notificar o presente acordo aos interesados pola corrección do erro detectado para os efectos oportunos.

Contra este acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ben que previamente e con carácter potestativo cabe interpor recurso de reposición ante o órgano que o ditou. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpor o contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o día seguinte á adopción do acordo ou de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

Rois, 11 de xaneiro de 2021

Ramón Tojo Lens
Alcalde