Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2021 Páx. 6479

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 17 de decembro de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para 2021 en réxime de concorrencia competitiva (Galicia emprende) (código de procedemento IG406F).

Advertidos erros na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 8 de xaneiro de 2021, procede facer as seguintes correccións:

– Na páxina 557, no artigo 5.1.a), onde di:

«a) Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións, suxeitos aos módulos máximos que se achegan como anexo IV, levadas a cabo en instalacións ou terreos propiedade do solicitante ou sobre os cales teña un dereito de uso e gozo que permita a realización de obras irrevogable durante 5 anos contados desde a data de finalización do prazo de execución do proxecto. No caso de que o acordo ou contrato que confire ese dereito sexa oneroso, só poderá formalizarse con entidades non vinculadas ao solicitante».

Debe dicir:

«a) Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións, suxeitos aos módulos máximos que se achegan como anexo IV, levadas a cabo en instalacións ou terreos propiedade do solicitante ou sobre os cales teña un dereito de uso e gozo que permita a realización de obras irrevogable durante 5 anos contados desde a data de finalización do prazo de execución do proxecto».

– Na páxina 558, no artigo 5.1.g), onde di:

«g) Gastos de alugueiro de locais. Non poderán imputarse custos por este concepto no caso de que a actividade se desenvolva na vivenda da persoa emprendedora».

Debe dicir:

«g) Gastos de alugueiro de locais. Non poderán imputarse custos por este concepto no caso de que a actividade se desenvolva na vivenda da persoa emprendedora e no caso de que o contrato se formalice con persoas ou entidades vinculadas co solicitante».

– Na páxina 565, no artigo 8.1.a), no penúltimo parágrafo, onde di:

«– No caso de que se solicite a aplicación dos criterios c), f) e i) do artigo 6.2 destas bases reguladoras na valoración da solicitude, acreditación documental segundo corresponda do cumprimento das condicións requiridas».

Debe dicir:

«– No caso de que se solicite a aplicación dos criterios c), f) e h) do artigo 6.2 destas bases reguladoras na valoración da solicitude, acreditación documental segundo corresponda do cumprimento das condicións requiridas».

– Na páxina 590, no anexo IV de Criterios de módulos de custos subvencionables máximos, onde di:

«(...)

– Sector do turismo: modernización, rehabilitación ou reforma.

(...».

Debe dicir:

«(...)

– Sector do turismo: construción, modernización, rehabilitación ou reforma.

(...».