Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2021 Páx. 6032

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo no terceiro cuadrimestre do ano 2020.

En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro),

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Escola Galega de Administración Pública referida aos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2020 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2021

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2020

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

8.10.2020

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública, a Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), para o desenvolvemento de cursos na modalidade de teleformación

23.10.2020

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, para a organización dun curso sobre transparencia administrativa e acceso á información pública

30.10.2020

Sen achega económica