Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2021 Páx. 6020

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2021 pola que se modifica o anexo II da Orde do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.

A Orde do 9 de decembro de 2020 aproba os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.

Con posterioridade á publicación desta orde procedeuse á aprobación da Lei de medidas fiscais e administrativas que, entre outros aspectos, modifica o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, no sentido de establecer novos tipos reducidos no imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados para o colectivo de vítimas de violencia de xénero.

Da mesma forma a Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado, actualizou nun 2 por cento a escala de gravame dos títulos e grandezas nobiliarios aplicable no imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Todo o exposto fai necesario modificar o modelo correspondente á autoliquidación do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados aprobado pola Orde 9 de decembro de 2020 para reflectir nel estes cambios normativos; sendo competente para iso a persoa titular da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia en base á habilitación normativa prevista na disposición adicional sexta da devandita orde

En consecuencia,

resolvo:

Primeiro

Modificar no anexo II da Orde de 9 de decembro de 2020 o anexo IV e o cadro de conceptos/clave/ tipo do modelo 600, que pasa a ser o seguinte:

ANEXO II

MODELO 600

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

Segundo

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2021

Mª Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia