Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2021 Páx. 5283

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 522/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 522/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Edelmiro Braña Iglesias contra a empresa Construcciones Vieiro 13, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decido que, estimando integramente a demanda interposta por Edelmiro Braña Iglesias contra Construcciones Vieiro 13, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe ao demandante a suma de 1.986,92 euros polos conceptos e coa desagregación efectuada no feito probado cuarto da presente resolución, máis os xuros previstos no artigo 1108 do Código civil respecto dos conceptos indemnizatorios ou suplidos (que son 210 €) e os do artigo 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais (que son 1.776,92 €), devindicados desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os xuros do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Vieiro 13, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza