Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2021 Páx. 5198

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar, nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2020, que se incorpora no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2020

Descrición

Importe

Data

Convenio entre o Servizo Público de Emprego Estatal, o Ministerio de Educación e Formación Profesional e a Comunidade Autónoma de Galicia, polo que se aproba o Plan de actuación plurianual 2019-2022 do Centro de Referencia Nacional de Acuicultura e do Mergullo no ámbito da formación profesional

Sen custo económico

15.9.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a confraría de Pescadores La Anunciada de Baiona, para a mellora da accesibilidade ao espazo para a divulgación e posta en valor da cultura mariñeira na lonxa de Baiona mediante un sistema de atencións desasistido

20.585 €

11.12.2020

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña–Ortegal, para a aplicación da Estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020

Sen custo económico

21.12.2020

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Costa da Morte, para a aplicación da Estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020

Sen custo económico

21.12.2020

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, para a aplicación da Estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020

Sen custo económico

21.12.2020

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur, para a aplicación da Estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020

Sen custo económico

21.12.2020

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa, para a aplicación da Estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020

Sen custo económico

21.12.2020

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Pontevedra, para a aplicación da Estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020

Sen custo económico

21.12.2020

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo-A Guarda, para a aplicación da Estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020

Sen custo económico

21.12.2020

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia, para a aplicación da Estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020

Sen custo económico

21.12.2020

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do proxecto Táboas input-output da pesca galega 2019

Sen custo económico

23.12.2020