Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2021 Páx. 5200

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2020 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2021

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2020

Convenio

Data de sinatura

Importe total (€)

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación (Gain), a Asociación Clúster del Naval Gallego (Aclunaga), a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y de Mariscos-CentroTecnológico Nacional de Conservación de Productos de la Pesca (Anfaco-Cecopesca), o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), o Clúster Alimetario de Galicia (Clusaga), a Asociación Clúster TIC de Galicia (Clúster TIC Galicia) e o Clúster do Sector Téxtil-Moda de Galicia (Cointega) para para dinamizar a participación das empresas galegas no marco do proxecto C-Voucher, financiado polo programa europeo Horizon 2020

22.9.2020

21.947,40 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (Itmati) para consolidar a súa actividade de transferencia da ciencia e tecnoloxía matemática á industria

19.10.2020

80.000 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigaciones Científicas, M.P. para o desenvolvemento de programas de I+D+i no período 2019-2020

11.11.2020

Sen achega económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a empresa Peugeot Citroën Automóviles España, S.A. para o desenvolvemento dun proxecto de I+D dunha nova plataforma de fabricación ultraflexible para o lanzamento dun novo vehículo tipo Van 100 % eléctrico (ek9)

23.11.2020

Sen achega económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Asociación de Centros Tecnolóxicos de Galicia para fomentar a transferencia e internacionalización da I+D+i desenvolvida en Galicia

27.11.2020

Sen achega económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Concello de Santiago de Compostela para o proxecto Smartiago

30.11.2020

Sen achega económica

Terceira addenda ao convenio asinado o 26.10.2018 entre a Axencia Galega de Innovación, o Instituto Galego de Promoción Económica, Xesgalicia, Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado, S.A.U., o Consorcio da Zona Franca de Vigo e Vigo Activo Sociedade de Capital Risco, S.A., S.M.E. para o desenvolvemento da sexta edición do programa VíaGalicia

30.11.2020

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Fundación Científica da Asociación Española contra o Cancro e a Fundación Kertor e Janssen-Cilag, S.A. para a creación dunha incubadora de proxectos no ámbito do descubrimento de fármacos contra o cancro

2.12.2020

1.000.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Consello Superior de Investigaciones Científicas, M.P. para fomentar a actividade investigadora do persoal investigador beneficiario nas convocatorias de axudas do programa do Consello Europeo de Investigación (ERC) no marco do H2020

23.12.2020

200.000 €