Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2021 Páx. 5082

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o trámite de audiencia do expediente sancionador por infracción na orde social RL2019/117.

De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a seguir se relaciona o trámite de audiencia no expediente sancionador por infracción na orde social (materia: seguridade e saúde), devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

O interesado dispón dun prazo de oito días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentarse debidamente acreditado ante a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Emprego e Igualdade para os efectos de que poida formular novas alegacións en vista do expediente, que deberá presentar no prazo de tres días hábiles desde a data da súa comparecencia, dese xeito, o expediente sancionador quedará visto para a proposta de resolución.

O expediente relacionado está á disposición do interesado no Servizo de Emprego e Economía Social da citada Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Emprego e Igualdade, sito na rolda da Muralla 70, planta baixa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: RL 2019/117.

Data do trámite de audiencia: 30 de decembro de 2020.

Empresa: Vasile Mirel, Lupu.

Enderezo: lg. O Tombín 44, 27797 Ribadeo (Lugo).

Empresa responsable solidaria: Torres Forestal, S.L.

Lg. Vilaboa s/n, 27720 A Pontenova (Lugo).

Lugo, 13 de xaneiro de 2021

O/a xefe/a territorial de Lugo
P.A. (Artigo 57.3 do Decreto 215/2020, do 3 de decembro)
Patricia Dans Grela
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica de Lugo