Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2021 Páx. 5081

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Residencial Prado Novo, S. Coop. Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no seu artigo 53, establécese a obrigatoriedade de publicar, no Diario Oficial de Galicia, a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais (cambio de domicilio social) da entidade Residencial Prado Novo, S. Coop. Galega, acordada na reunión do Consello Reitor do 30 de outubro de 2020, por unanimidade. Consta como novo domicilio social na rúa Peregrina 63 baixo do concello de Pontevedra, provincia de Pontevedra. Por tanto,

RESOLVO:

Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 2 dos estatutos (cambio de domicilio social) da entidade Residencial Prado Novo, S. Coop. Galega.

Vigo, 12 de xaneiro de 2021

O xefe territorial de Pontevedra
P.S. (Artigo 62.3 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa