Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2021 Páx. 5073

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 348/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 348/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis García Ribadulla contra Logística Trami Trucks, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou Sentenza con data do 1 de decembro de 2020, co número 225/2020, estimando parcialmente a demanda, e contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Logística Trami Truck, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza