Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2021 Páx. 5072

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 585/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 585/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Varela Graña contra José Alonso Seoane, José Ramón Rodeiro Camino, Gialak Transportes, S.L., Sebas, S.C., María Dolores Otero Framil e Fogasa, sobre despedimento, se ditou Sentenza con data do 23 de decembro de 2020, co número 256/2020, estimando parcialmente a demanda, e contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Alonso Seoane, Gialak Transportes, S.L., Sebas, S.C., e María Dolores Otero Framil, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese aos destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza