Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2021 Páx. 4625

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (970/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 970/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Guillermo Conde Salgado contra o Fondo de Garantía Salarial e o Hotel Cityhouse Rías Altas, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución en que consta o seguinte:

Resolvo:

Acéptase a demanda formulada por José Guillermo Conde Salgado fronte á empresa Hotel Cityhouse Rías Altas, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Hotel Cityhouse Rías Altas, S.L. a lle aboar a José Guillermo Conde Salgado a cantidade de doce mil cento vinte e un euros con oitenta e cinco céntimos de euro (12.121,85 euros).

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución; abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación: expídoa eu, letrada da Administración de xustiza, para facer constar que no día da data o maxistrado xuíz deste xulgado entrega a sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida pola Constitución e as leis.

E para que sirva de notificación en forma legal a Hotel Cityhouse Rías Altas, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza