Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2021 Páx. 4665

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 15 de decembro de 2020 pola que se notifica a resolución do procedemento para reclamar os custos ocasionados polo reflotamento da embarcación Nécora, con folio 4ª-VILL-3-9714, afundida na dársena do porto de Ribeira.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles a Juan Rafael Maneiro Piñeiro e a Nancy Stella Victoria Álvarez esta resolución da Dirección de Portos de Galicia de reclamación dos custos de reflotamento da embarcación Nécora, con folio 4ª-VILL-3-9714, afundida na dársena do porto de Ribeira e varada na actualidade na rampla varadoiro do porto, por resultaren descoñecidos os domicilios actuais dos propietarios.

Este anuncio publicarase no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Tras ser devolto polo servizo de Correos, o acordo de inicio do procedemento en que se lles outorga trámite de audiencia aos interesados publicouse no Diario Oficial de Galicia número 238, do 25 de novembro de 2020, e no Boletín Oficial del Estado número 312, do 28 de novembro de 2020, sen que exista constancia nin da presentación de alegacións nin do aboamento voluntario da cantidade reclamada.

Esta resolución emítea a Dirección de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 15.3, alíneas a) e b), da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, de acordo co previsto nos artigos 100 e 102 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e á vista da proposta ditada no procedemento.

O importe a que ascenderon as actuacións de reflotamento foi de 1.210 euros, IVE incluído.

O aboamento poderase facer co impreso que se poderá solicitar nos servizos centrais de Portos de Galicia nos seguintes prazos:

– Se a publicación se realiza entre os días 1 ao 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

– Se a publicación se realiza entre os días 16 e o último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

De non ingresar a dita cantidade no prazo sinalado, esta, de acordo co artigo 101 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas, será exixida mediante o procedemento previsto nas normas reguladoras do procedemento de recadación na vía executiva.

Este acto administrativo, que ten eficacia executiva, non esgota a vía administrativa e contra el poderase interpoñer recurso de alzada, perante o Consello Reitor de Portos de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación.

O expediente completo para o seu exame, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, está na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2020

Roi Fernández Añón
Director de Portos de Galicia