Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2021 Páx. 4340

III. Outras disposicións

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno na Administración pública galega (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación de convenios subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no terceiro cuadrimestre do ano 2020, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Vilaxoán, 13 de xaneiro de 2021

Mª Covadonga Salgado Blanco

Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do
Medio Mariño de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no terceiro cuadrimestre do ano 2020

Convenio

Importe

Data da sinatura

Acordo de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) para a análise de biotoxinas dentro do control oficial de moluscos bivalvos.

150.000,00 €

30.10.2020