Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2021 Páx. 4400

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 238/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 238/2020, seguido por instancia de Pablo Gestal Miras contra Servicios de Seguridade Integral e Mantenementos A1, S.L.; Administración Concursal de Servicios de Seguridade Integral e Mantenementos A1, S.L. e Prosegur Soluciones Integrales de Seguridad España, S.L., e con intervención do Fogasa, sobre reclamación de cantidades salariais, se ditou Sentenza núm. 484/2020, do 11 de decembro, que admite a demanda. Cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en forma legal a Servicios de Seguridade Integral e Mantenementos A1, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza