Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2021 Páx. 4401

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 175/2020).

ETX. Execución de títulos xudiciais 175/2020

Procedemento de orixe: PO. Procedemento ordinario 638/2017

Sobre ordinario

Demandante: Emilia Borrajo Fernández

Avogada: María del Pilar Leis Puñal

Demandados: Fogasa, Grupo Creación y Extinción, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 175/2020 deste xulgado se ditaron o Auto e o Decreto do 21 de decembro de 2020 e que se poderá interpoñer recurso de reposición contra o primeiro e recurso de revisión contra o segundo, no prazo de tres días.

Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro das ditas resolucións na Secretaría deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de notificación a Grupo Creación y Extinción, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza