Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2021 Páx. 4037

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1370/2020-MJC).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 1370/2020-MJC

Xulgado de orixe/autos: sss Seguridade Social 262/2017 Xulgado do Social número 4 da Coruña

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1370/2020 desta sección, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Ginedue, S.L., María Diana Dopico Vázquez, María Alejandra Martínez González e Sanatorio Quirúrgico Modelo, S.L., sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da TXSS contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, do 7.11.2019, en procedemento de oficio, seguido por instancia da recorrente contra Sanatorio Quirúrgico Modelo, S.L., Ginedue, S.L., Mª Alejandra Martínez González e Mª Diana Dopico Vázquez, e confirmamos a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a María Alejandra Martínez González, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza