Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2021 Páx. 4073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 23 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifican resolucións ditadas en procedementos competencia desta xefatura (expediente 2020/196-36 e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles a través desta cédula que se publicará no Boletín Oficial del Estado, ás persoas citadas no anexo, a resolución ditada no procedemento que se indica no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta nos expedientes tramitados nesta xefatura territorial.

Para o coñecemento íntegro da resolución, emprázanse as persoas interesadas, por si ou a través dos seus representantes legais, para que no prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, comparezan nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, esta cédula publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que contra a resolución poderán interpor recurso, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición ás resolucións administrativas, desde o día seguinte ao da notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.

Vigo, 23 de decembro de 2020

A xefa territorial de Vigo
P.A. (Decreto 216/2020, do 8 de decembro)
María Ana Gómez Carrera
Xefa de Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Nº de expediente: 2020/196-36 y 2020/197-36.

Persoas interesadas:

– 77679675G.

– 77482100E.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 16 de decembro de 2020.

Efectos xurídicos que produce a resolución: establecemento de medida administrativa e de recurso.