Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2021 Páx. 4083

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 17 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o acto administrativo ditado no procedemento BS650G (expediente 3600313-X/19 e un máis).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación no último enderezo coñecido das persoas que se citan no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, mediante edicto emprázanse as ditas persoas interesadas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan en persoa, ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, na rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro do requirimento de documentación e advertíndolles que, de non o faceren así, se considerarán notificadas no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, advírteselles que, de non atenderen o requirimento no prazo indicado no dito acto, se considerarán desistidas da solicitude logo de resolución ditada ao abeiro do disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 17 de decembro de 2020

A xefa territorial de Vigo
P.A. (Decreto 216/2020, do 8 de decembro)
María Ana Gómez Carrera
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Procedemento BS650G:

Núm. DNI/NIE

Núm. expte.

Data notificación do requirimento

33186822F

3600313-X/19

28.6.2019

30401650C

3600580-X/19

15.10.2019