De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación das resolucións ditadas pola Xefatura Territorial no último domicilio coñecido dos interesados sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, emprázanse para notificarlles as resolucións ás persoas citadas no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados, para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, na Praza da Estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non o faceren así, se considerarán notificadas no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, conforme os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Vigo, 18 de decembro de 2020
A xefa territorial de Vigo
P.A. (Decreto 216/2020, do 8 de decembro)
María Ana Gómez Carrera
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa
ANEXO
Procedemento/nº de expediente |
DNI |
Acto obxecto de notificación |
Data do acto administrativo |
BS210A/VI-42237 |
36021853N |
Declaración de caducidade e acordo de arquivamento |
17.6.2020 |
BS210A/PO-60058 |
35215012B |
Resolución por falecemento e arquivamento |
18.6.2020 |
BS210A/VI-60216 |
34482497T |
Resolución por falecemento e arquivamento |
8.6.2020 |
BS210A/VI-61094 |
36116057P |
Resolución por falecemento e arquivamento |
26.8.2020 |
BS210A/VI-78075 |
35802030T |
Resolución por falecemento e arquivamento |
26.8.2020 |
BS210A/VI-79811 |
34624688M |
Resolución de recoñecemento |
28.2.2020 |
BS210A/VI-79811 |
34624688M |
Resolución de aprobación do programa |
22.6.2020 |
BS210A/VI-81289 |
35536431M |
Resolución por falecemento e arquivamento |
26.8.2020 |
BS210A/VI-81310 |
35917290F |
Resolución por falecemento e arquivamento |
1.9.2020 |