Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento 643/2018 deste xulgado do social se ditou a seguinte resolución, cuxo ditame é o seguinte:
Decido que, estimando a demanda interposta por Nathaly da Silva da Conceição contra a empresa Diego Salazar Hernández, condénoa a que lle aboe a cantidade de tres mil catrocentos setenta e cinco euros e trinta e sete céntimos (3.475,37 €), incrementada co xuro por demora do 10 %.
Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.
Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. E para que sirva de notificación en legal forma a Diego Salazar Hernández, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 17 de decembro de 2020
A letrada da Administración de xustiza