Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2021 Páx. 3336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 23 de decembro de 2020, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres LU-00308-O-2020 e un máis.

A persoa titular da Xefatura Territorial de Lugo ditou a resolución dos expedientes sancionadores número LU-00308-O-2020 e outro por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditados ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se encontran á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade de Lugo.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto na normativa vixente.

Lugo, 23 de decembro de 2020

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF da persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00308-O-2020

O-7758-BP

03909997C

Exceso de peso superior ao 5 %.

13.1.2020; 20.53; N-634; 639,8

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

LU-00649-O-2020

MA6733CT

34264031B

Exceso de peso superior ao 5 %.

19.2.2020; 16.08; CG-2.1; 8,2

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros