Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2021 Páx. 3346

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2020 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas e das bateas Chaval, Grandín e Lira.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Chaval, Grandín e Lira e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escritos do 10 de decembro de 2020, Jorge Domínguez Iglesias solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas e das bateas Chaval, Grandín e Lira.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, no seu artigo 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

Terceira. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Luisa Suárez Vázquez (***0032**), Jorge Domínguez Iglesias (***7356**), Mª Luisa Iglesias Suárez (***3896**), Patricia Iglesias Suárez (***6040**), Mario Iglesias Cores (***6456**) e Carlos Iglesias Cores (***6456**), das concesións que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Chaval.

Situación:

Cuadrícula nº: 54.

Polígono: C.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 28.9.1973.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Grandín.

Situación:

Cuadrícula nº: 59.

Polígono: C.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 8.11.1972.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Lira.

Situación:

Cuadrícula nº: 5.

Polígono: C.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 17.10.1973.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Luisa Suárez Vázquez (***0032**), Julia Iglesias Suárez (***3895**), Mª Luisa Iglesias Suárez (***3896**), Patricia Iglesias Suárez (***6040**), Mario Iglesias Cores (***6456**) e Carlos Iglesias Cores (***6456**).

Novos titulares: Luisa Suárez Vázquez (***0032**), Jorge Domínguez Iglesias (***7356**), Mª Luisa Iglesias Suárez (***3896**), Patricia Iglesias Suárez (***6040**), Mario Iglesias Cores (***6456**) e Carlos Iglesias Cores (***6456**).

Os novos titulares das concesións subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento da formalización da mellora en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun, mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 22 de decembro de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
A xefa territorial de Vigo
Por delegación de sinatura (Resolución do 26.9.2017)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Recursos Mariños