Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2021 Páx. 3345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente disciplinario 6.20.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica, Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, no Servizo de Recursos e Reclamacións, na rúa de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2020

Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Expediente disciplinario: 6.20.

Persoa interesada: 76866309X.

Acto de notificación: acordo de inicio.