Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2021 Páx. 2813

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 113/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 113/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Aurora González Iglesias contra María Pilar Sixto Barreiro, sobre ordinario, se ditou Auto do 11 de decembro de 2020 cuxa parte dispositiva a seguir se achega:

«Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza referida no antecedente do feito único da presente resolución a favor da parte executante, Aurora González Iglesias, fronte a María Pilar Sixto Barreiro, parte executada, por importe de 1.811,72 euros (1.543,96+10 % de xuro por mora desde o 18.9.2018 ata o 11.6.2020: 267,76), en concepto de principal, máis outros 181,17 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan xerar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, seranlle notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, deste xeito, queda a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que houber de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderase deducir a oposición á execución despachada e aducirase o pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, a prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación en débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 2 aberta en Banesto, conta nº 1596, clave 64 N, e debe indicar no campo do concepto "Recurso", seguido do código "30 Social-reposición". Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o "código 30 Social-reposición". Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes destes.

Así o acorda e asina S.Sª. Dou fe».

Así mesmo, ditouse Decreto do 11 de decembro de 2020, cuxa parte dispositiva literalmente di:

«Parte dispositiva.

En prol de dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a María Pilar Sixto Barreiro co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente os bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, en caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionada, polo menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a procura de bens da executada e a verificación, unir o resultado obtido ás presentes actuacións.

– Requirir a executante co fin de que no prazo de catro días designe un número de conta bancaria da súa titularidade, na cal se ingresarán as cantidades que se obteñan.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou os interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para efectuar os actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, art. 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 1596, clave 64 N, aberta en Banesto, e debe indicar no campo concepto a indicación "Recurso" seguida do código "31 Social-revisión de resolucións letrada da Administración de xustiza". Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separada por un espazo, a indicación “Recurso” seguida de "31 Social-revisión de resolucións letrada da Administración de xustiza". Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes destes».

E para que sirva de notificación en forma legal a María Pilar Sixto Barreiro, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza