Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2021 Páx. 2768

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2020 pola que se acorda publicar a prórroga do orzamento para o exercicio do ano 2021.

De acordo co establecido na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e modificada pola Lei 4/2007; nos estatutos da Universidade da Coruña aprobados mediante o Decreto 101/2004, do 13 de maio, e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, así como na normativa orzamentaria autonómica e estatal, a non aprobación do orzamento anual da Universidade antes do día 1 de xaneiro do ano correspondente suporá a prórroga automática do orzamento do ano anterior. Tendo en conta que non se tramitou o orzamento para o ano 2021 e que o Consello Social, na súa reunión do 22 de decembro de 2020, quedou informado de tal circunstancia, resolvo prorrogar o orzamento da Universidade da Coruña do exercicio de 2020 ata a aprobación do orzamento para o ano 2021 e facelo público cunha contía inicial no estado de ingresos e gastos de 131.784.999,74 euros segundo o detalle anexo.

A Coruña, 29 de decembro de 2020

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Resolución do 29 de decembro de 2020

1. Clasificación económica.

Resumo por capítulos.

Ingresos

2021

Capítulo III: Taxas, prezos públicos e outros ingresos

17.000.276,29

Capítulo IV: Transferencias correntes

95.039.580,93

Capítulo V: Ingresos patrimoniais

340.000,00

Capítulo VII: Transferencias de capital

18.715.427,50

Capítulo VIII: Activos financeiros

689.715,02

Total orzamento de ingresos 2021

131.784.999,74

Gastos

2021

Capítulo I: Gastos de persoal

96.421.178,56

Capítulo II: Gastos correntes en bens e servizos

16.564.083,26

Capítulo III: Gastos financeiros

28.000,00

Capítulo IV: Transferencias correntes

4.657.527,78

Capítulo V: Fondo de continxencia

350.000,00

Capítulo VI: Investimentos reais

13.214.210,14

Capítulo IX: Pasivos financeiros

550.000,00

Total orzamento de gastos 2021

131.784.999,74