Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2021 Páx. 2899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 22 de decembro de 2020, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador PO-S-41/2020 por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro) notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador PO-S-41/2020 xa que, intentada polo medio habitual, non se puido efectuar.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a José María Picallo Búa. O interesado pode promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

A resolución deste expediente sancionador, en materia de turismo, correspóndelle ao xefe da Área Provincial de Pontevedra da Axencia Turismo de Galicia, segundo se dispón no artigo 26 dos estatutos da dita axencia, respecto do artigo 4 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos (DOG nº 193, do 9 de outubro), en relación co artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución deste procedemento sancionador deberase notificar no prazo dun ano desde a data deste acordo.

O interesado dispón dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 82.2 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, para presentar ante o instrutor do procedemento, para a súa incorporación a el, alegacións, documentos e informacións que considere convenientes e, se é o caso, propoñer que se realicen os medios de proba de que pretenda valerse. Advírteselle que, de non formular alegacións no prazo indicado, este acordo se considerará proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 64.1 da dita lei.

De conformidade co establecido no artigo 85.3 da indicada Lei 39/2015, a persoa imputada é informada de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución) ou o 40 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade e, ademais, pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).

Pontevedra, 22 de decembro de 2020

Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-S-41/2020.

Titular sancionado: Manuel González Rocha.

Establecemento: vivenda de uso turístico sen rexistrar.

Domicilio: Anta, 10, Areas.

Localidade: Tui.

Incoación: 12 de novembro de 2020.

Precepto infrinxido: artigo 35.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 2.000,00 euros.