Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2021 Páx. 2503

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (PO 1006/2019).

Eu, Rafael González Alio, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario 1006/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Judith Arnaiz Alonso contra Consultoría Barge, S.L. sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo fallo é do seguinte teor literal:

«Decido estimar a demanda formulada por Judith Arnaiz Alonso e condenar a Consultoría Barge, S.L. ao pagamento á demandante da cantidade de 406,88 euros, que se incrementará cos xuros do 10 %.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que é firme e non cabe recurso ningún.

Así, por esta min sentenza, da que levará testemuño aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Consultoría Barge, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 21 de decembro de 2020

O letrado da Administración de xustiza