Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2021 Páx. 2374

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 24 de novembro de 2020, de premios e axudas para a fase final da especialidade de música do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020.

No Diario Oficial de Galicia núm. 135, do 8 de xullo de 2020, publícase a Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento BS310Q) o procedemento de concesión é en réxime de concorrencia competitiva.

Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

O 24 de novembro de 2020, a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade co disposto no artigo 15.2, dita resolución no procedemento BS310Q, na especialidade de música do programa Xuventude Crea, convocado pola Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias das axudas e relación definitiva de premios.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e nos artigos 15 e 19 da referida Orde do 22 de xuño de 2020, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, http://xuventude.xunta.es, con carácter complementario.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido integro da Resolución do 24 de novembro de 2020, ditada no procedemento BS310Q, concesión de premios e axudas para a fase final da especialidade de música do programa Xuventude Crea no ano 2020 e na páxina web http://xuventude.xunta.es.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 24 de novembro de 2020 pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnalas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Segundo o artigo 17 da Orde do 22 de xuño de 2020, a participación nesta convocatoria supón a autorización das persoas participantes, a favor da Consellería de Política Social dos dereitos de difusión dos proxectos presentados no marco deste programa, así como para montar exposicións e/ou para a exhibición, reprodución ou publicación da imaxe ou contido das obras presentadas por calquera medio que se considere oportuno, sen máis limitacións que as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia.

As obras das persoas participantes, deberán ser retiradas por elas ou pola persoa autorizada no lugar que determine a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación coa decisión da persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Transcorrido este prazo, as obras non retiradas quedarán á disposición da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, entendéndose que os seus autores e autoras renuncian a todo tipo de dereito sobre estas, a cal poderá darlles o destino que considere oportuno.

Cuarto. Segundo o artigo 18.3 da Orde do 22 de xuño de 2020, as persoas premiadas deberán:

Colaborar nas accións de difusión que se organicen así como a autorización de edición e reprodución a favor da Consellería de Política Social para a súa publicidade, difusión e divulgación a través do portal web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social (http://xuventude.xunta.es/), redes sociais e demais medios de difusión da administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Conservar os orixinais das obras premiadas e poñelos a disposición da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para a súa exhibición ou difusión por calquera medio ata o 31 de decembro do ano natural seguinte ao da concesión do premio.

No caso de que a obra sexa obxecto de posterior exhibición ou difusión pola persoa premiada deberá indicarse de forma expresa e visible a súa condición de premiada neste programa.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2020

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución de premios e axudas para a fase final da especialidade de música
do programa Xuventude Crea no ano 2020 (DOG núm. 135, do 8.7.2020)

Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.

Mediante Orde da Consellería de Política Social do 22 de xuño de 2020 (DOG núm. 135, do 8 de xullo), establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020.

No seus artigos 2 e 3 recolle a definición das especialidades deste programa e dos premios por cada especialidade:

Un primeiro premio de 3.000 €.

Un segundo premio de 1.500 €.

Un terceiro premio de 1.000 €.

Así mesmo, no seu artigo 39, define unha axuda de 600 euros no caso de grupos e 300 euros no caso de solistas para cada un dos proxectos finalistas da especialidade de música.

O artigo 15 regula a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da Comisión de Selección de cada especialidade.

A Comisión de Selección da especialidade de música asinou as actas nas que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite e as ditas actas foron trasladadas ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución dos premios da dita especialidade.

Con base no indicado nos anteriores parágrafos, e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas para Xuventude,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo I as axudas para o desenvolvemento da fase final da especialidade de música do programa Xuventude Crea no ano 2020 convocados na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.313A.480.10.

Segundo. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo II os premios da especialidade de música do programa Xuventude Crea no ano 2020 convocados na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.313A.480.10.

Terceiro. Publicar a relación de solicitudes que non obtiveron premio no anexo III e no anexo IV as solicitudes excluídas.

Cuarto. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa, e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da súa publicación.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2020. A conselleira de Política Social, P.D. (Orde do 22.6.2020; DOG núm. 135, do 8 de xullo); Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO I

Relación de persoas finalistas

Especialidade de música

Programa Xuventude Crea 2020

Nº de expediente

Nome

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Importe da axuda

BS310Q 2020/161-0

Brais Rodríguez Otero (Grupo Mundo Prestigio)

***5543**

Mundo Prestigio

Mundo nuno e Quen quere falar

600,00 €

BS310Q 2020/287-0

Sara Fernández García (solista)

***0108**

Sara Sístole

Lume e Deberíamos matarnos

300,00 €

BS310Q 2020/139-0

Héctor Ojea Casero (Grupo Battosai)

***7435**

Battosai

Cuánto tiempo e Deixa xa de molestar

600,00 €

BS310Q 2020/225-0

Laura Martínez Puga (Grupo Panic Light)

***9385**

Panic Light

As que nunca calaron e Burn it higher

600,00 €

BS310Q 2020/136-0

Xavier Simón Montero (solista)

***8716**

Amorodo

Estilo amorodo e Quero

300,00 €

BS310Q 2020/290-0

Francisco Barreira Vázquez (solista)

***8542**

Burgas Vandal

Inimigo e Te echo de meno

300,00 €

ANEXO II

Relación de persoas premiadas

Especialidade de música

Programa Xuventude Crea 2020

1º premio 3.000 €

Nº de expediente

Nome

DNI

Pseudónimo

Título da obra

Importe premio

1º premio compartido

BS310Q 2020/136-0

Xavier Simón Montero (solista)

***8716**

Amorodo

Estilo amorodo e Quero

1.500,00 €

1º premio compartido

BS310Q 2020/139-0

Héctor Ojea Casero (Grupo Battosai)

***7435**

Battosai

Cuánto tiempo e Deixa xa de molestar

1.500,00 €

2º premio 1.500 €

Nº de expediente

Nome

DNI

Pseudónimo

Título da obra

Importe premio

2º premio compartido

BS310Q 2020/161-0

Brais Rodríguez Otero (Grupo Mundo Prestigio)

***5543**

Mundo Prestigio

Mundo nuno e Quen quere falar

750,00 €

2º premio compartido

BS310Q 2020/290-0

Francisco Barreira Vázquez (solista)

***8542**

Burgas Vandal

Inimigo e Te echo de meno

750,00 €

3º premio 1.000 €

Nº de expediente

Nome

DNI

Pseudónimo

Título da obra

Importe premio

3º premio compartido

BS310Q 2020/225-0

Laura Martínez Puga (Grupo Panic Light)

***9385**

Panic Light

As que nunca calaron e Burn it higher

500,00 €

3º premio compartido

BS310Q 2020/287-0

Sara Fernández García (solista)

***0108**

Sara Sístole

Lume e Deberíamos matarnos

500,00 €

ANEXO III

Relación de solicitudes que non obtiveron axuda nin premio

Especialidade de música

Programa Xuventude Crea 2020

Nº de expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

BS310Q 2020/016-0

Denís Carballás Riveiro

***1746**

D

BS310Q 2020/045-0

Carmen Carracedo Calvo

***7102**

C&B

BS310Q 2020/068-0

Eva Iglesias Vieito

***4942**

Closer

BS310Q 2020/113-0

Tania Caamaño Liñares

***0720**

Mahra

BS310Q 2020/115-0

Noemia Veiga Gonzalves

***6350**

Altea

BS310Q 2020/116-0

Daniel Valladares Otero

***7573**

Dioivo

BS310Q 2020/121-0

Daniel Fernández Filloy

***3516**

Mad

BS310Q 2020/143-0

Carla Alvariño Fernández

***2174**

Astra

BS310Q 2020/221-0

Nadia Sniba Vázquez

***1647**

Nanu

BS310Q 2020/222-0

Aida Saco Beiroa

***9349**

Antela

BS310Q 2020/239-0

Luciano Gabriel Fernández Chas

***8310**

Luga

BS310Q 2020/259-0

Ismael Cabaleiro Somoza

***7944**

IC

BS310Q 2020/261-0

Laura García Villar

***5985**

Grima

BS310Q 2020/267-0

Rafael Velasco Martínez

***2362**

Noraes

BS310Q 2020/272-0

Eduardo de la Fuente Marqués

***4228**

Los Zorros

BS310Q 2020/276-0

Sergio Llauger González

***8652**

Xurxo Miami

BS310Q 2020/315-0

Daniel Cornes Naish

***9010**

Lixo Espacial

BS310Q 2020/322-0

Xacobe Medina Dacas

***4807**

Xaco

BS310Q 2020/356-0

Hugo Torreiro García

***3470**

Chis

ANEXO IV

Relación de solicitudes excluídas

Especialidade de música

Programa Xuventude Crea 2020

Nº de expediente

Nome e apelidos

Causa exclusión

BS310Q 2020/270-0

Andrés Martínez Corbo

Incumprir o artigo 38.2.a) da orde («polo menos un dos temas ten que ser en galego»)