Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2021 Páx. 1716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

ANUNCIO do 30 de decembro de 2020 polo que se fai pública a resolución do premio Manuel Colmeiro na súa vixésimo terceira edición.

Mediante Orde do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 20.12.2019 (publicada no DOG núm. 28, do 11 de febreiro) aprobáronse as bases reguladoras e convocouse a XXIII edición do Premio Manuel Colmeiro, para traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia. O dito premio foi dotado cun importe de 3.500 €, segundo o establecido pola base terceira da convocatoria.

En cumprimento do establecido na base décimo primeira da dita Orde do 20 de decembro de 2019 «a adxudicación do premio realizarase mediante resolución da directora da EGAP, de acordo coa proposta do xurado». Esta resolución de adxudicación foi ditada por delegación en virtude do disposto polo apartado 1º i) da Resolución da Dirección da EGAP do 17 de decembro de 2007 sobre delegación de competencias no secretario xeral.

De acordo co exposto, faise pública a Resolución do 29 de decembro de 2020 da concesión do premio Manuel Colmeiro na súa vixésimo terceira edición, que foi adoptada de acordo coa proposta do xurado e seguindo o procedemento regulado na referida Orde do 20 de decembro de 2019, e que literalmente di:

«De acordo coa proposta do xurado do premio e logo de ver a proposta precedente,

RESOLVO:

Adxudicar o premio Manuel Colmeiro na súa vixésimo terceira edición a Rodrigo Pousa Diéguez NIF ....6641.. polo traballo titulado “Jurisdicción y administración territorial en la Galicia del Antigo Régimen (ss. IX-XIX)”.

Esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderá ser impugnada en reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia de acordo co disposto polos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, cabe a interposición directa de recurso contencioso-administrativo ante os xulgados desa xurisdición que resulten competentes, no prazo de dous (2) meses contados tamén a partir do día seguinte ao da publicación deste acto no devandito boletín oficial, de acordo co disposto no artigo 46.4 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2020

A directora da Escola Galega de Administración Pública
P.D. (Resolución do 17.12.2007; DOG. núm. 3, do 2.1.2008)
Sergio Domingo Baamonde Boquete
Secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública