Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2021 Páx. 1686

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (658/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 658/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alfredo Gendre Maroño contra Gecoga Construcciones y Proyectos, S.L., administrador concursal de Gecoga e Fogasa sobre ordinario, ditouse resolución con data do 16.10.2020 en cuxa resolución consta:

«Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Alfredo Gende Maroño fronte á empresa Gecoga Construcciones y Proyectos, S.L. e a súa administración concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Gecoga Construcciones y Proyectos, S.L. a abonar a Alfredo Gende Maroño a cantidade de oito mil oitocentos setenta euros con noventa e catro céntimos de euro (8.870,94 euros) devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %, vinculando tales cantidades ao administrador concursal.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e firma, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación: esténdoa eu, letrada da Administración de xustiza para facer constar que no día da data entrégase polo maxistrado xuíz deste xulgado, a sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida pola Constitución e as leis».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gecoga Construcciones y Proyectos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza