Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2021 Páx. 1709

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de decembro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución da Sentenza 291/2019 que dimana do procedemento ordinario 395/2018 sobre unha exclusión no expediente de clasificación do monte en man común denominado Fenteira ou Chibadeiro, da veciñanza do lugar de Asperelo, concello de Rodeiro.

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, mediante oficio con data do dous de decembro de dous mil vinte remitiu á Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra a providencia de execución definitiva 16/2020 para que se publique no Diario Oficial de Galicia o resultado do procedemento ordinario 395/2018.

O 27 de febreiro de 2020, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra (en diante, XPCMVMC), celebrou unha reunión na que se deu conta no punto 6 da orde do día da Sentenza número 291/2019, do 27 de decembro de 2019, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra no procedemento ordinario 395/2018 interposto por María de los Ángeles Baldonedo Rodríguez contra o XPCMVMC de Pontevedra e Manuel Cambeiro García.

A sentenza estima a demanda interposta por María de los Ángeles Baldonedo Rodríguez contra a Resolución do 16 de outubro de 2018 do XPCMVMC de Pontevedra, en que dita a seguinte resolución:

«Que, estimando o recurso contencioso-administrativo presentado pola procuradora María Belén Álvarez Sánchez, en representación de María de los Ángeles Baldonedo Rodríguez, contra a Resolución do 16 de outubro de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, que desestima o recurso de reposición contra a Resolución do 20 de decembro de 2017, que acordou clasificar como monte en man común o monte denominado Fenteira ou Chibadeiro a favor dos veciños do lugar de Asperelo, da parroquia de San Martiño de Asperelo, excluíndo da superficie a clasificar a parcela con referencia catastral 6047A120011530000LO (polígono 120, parcela 1153, coa cabida de 1,8760 ha), debo anular a referida resolución en canto á parcela que foi incluída como monte en man común e que a demandante sinala como da súa titularidade».

A sentenza deveu firme mediante dilixencia de ordenación do letrado da Administración de xustiza do 29 de xaneiro de 2020.

Pontevedra, 17 de decembro de 2020

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra