Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2021 Páx. 1229

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade do Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade pública instrumental Axencia Galega de Infraestruturas para a realización das actuacións precisas para a ampliación das instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, de 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade do acordo de colaboración do 4 de decembro de 2020 entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade pública instrumental Axencia Galega de Infraestruturas para a realización das actuacións precisas para a ampliación das instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

– Actividade: a execución do proxecto de ampliación das instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

– Natureza e alcance do acordo de colaboración: a encarga ten natureza intersubxectiva, ao ter a Axencia Galega de Infraestruturas a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: a eficacia do acordo para a xestión das actuacións precisas para realizar a ampliación das instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) estenderase ata o 31 de decembro de 2021.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2020

Manuel Heredia Pérez
Director xeral de Comercio e Consumo