Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2021 Páx. 1440

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican varias resolucións como consecuencia de varios recursos de alzada interpostos contra o acordo da zona de concentración parcelaria do Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2020

Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Persoa interesada

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

34217740L

Resolución

O Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense)

5358356T

Resolución

O Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense)

34595841T

Resolución

O Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense)

76698229Z

Resolución

O Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense)

34538855P

Resolución

O Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense)