De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Buscás II (Ordes-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dun trámite de audiencia pola revisión gráfica e documental.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 43, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 17 de decembro de 2020
Mónica López López
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Interesado |
Acto notificado |
Zona de concentración parcelaria |
32.328.612-L |
Trámite de audiencia |
Buscás II (Ordes- A Coruña) |
32.390.494-P |
Trámite de audiencia |
Buscás II (Ordes- A Coruña) |