Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2021 Páx. 1402

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (589/2020).

Eu, Esther Solano Gutiérrez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 589/2020 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Manuel Barros López contra a empresa Gescom Believe Spain, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Sentenza:

A Coruña, 19 de outubro de 2020.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 520/2020, seguidos por instancia de Mutua Asepeyo, representada e asistida polo letrado Sr. Balo Couto,  contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), a empresa People Plus Innovation, S.L. e Beatriz Gómez Paz.

Decisión:

Desestímase a demanda presentada por instancia da Mutua Asepeyo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), a empresa People Plus Innovation, S.L. e Beatriz Gómez Paz e, en consecuencia, absolvo as demandadas das pretensións contra elas dirixidas.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A letrada da Administración de xustiza