Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2021 Páx. 1456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 1 de decembro de 2020, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude dunha concesión administrativa dentro do porto de Burela, por parte de Talleres Vizoso, S.L., con destino a unha nave para taller de reparación de motores e demais da frota pesqueira.

A persoa con DNI 76564621J, actuando en nome e representación da mercantil de CIF B27200377, solicita unha concesión administrativa para a ocupación dunha nave no dominio público portuario con destino a taller de reparación de motores e demais da frota pesqueira no porto de Burela.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 69 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 1 de decembro de 2020

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte