Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2021 Páx. 1106

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 244/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 244/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Milagros Blanco Sánchez contra a empresa Colegio Juniors, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Acordo admitir a trámite a demanda presentada e, en consecuencia:

– Citar as partes para que comparezan o día 15 de xuño de 2021, ás 12.45 horas, na planta baixa, sala 1, edificio rúa Berlín, para a celebración do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar a avinza, para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

– Advírtese a parte demandante que, en caso de non comparecer ao sinalamento sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se considerará que desiste da súa demanda; advírtese igualmente a parte demandada que a súa non comparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración, xa que estes continuarán sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, deuse conta ao xuíz con carácter previo, e acordou mandar que se efectúen as seguintes dilixencias:

Ao outrosí segundo, procede o solicitado conforme o artigo 90.2 da LXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (artigo 87 da LXS). Requíranse os demandados para que acheguen os documentos solicitados, coa advertencia de que, de non o faceren, poderán terse por probadas as alegacións feitas pola parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94 da LXS):

- Copia de contrato da demandante.

- Follas de salario da demandante desde maio de 2018 ata a data de celebración da vista.

Tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social, para os efectos do artigo 21.2 da LXS, e por designado domicilio para os efectos de comunicacións (artigo 53 da LXS).

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta a SSª do sinalamento efectuado.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a Colexio Juniors, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios.

Advírtese á destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza