Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2021 Páx. 1103

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (376/2020).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 376/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Darío Ferro Gómez contra Comfica Soluciones Integrales, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Pronored, S.L., sobre despedimento, se ditouse resolución do 10.11.2020 en cuxa parte dispostiva consta:

Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Rubén Darío Ferro Gómez fronte á empresa Pronored, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Pronored, S.L. ao demandante Rubén Darío Ferro Gómez.

– Declárase extinguida a relación laboral.

– Condénase a Pronored, S.L. a aboar a Rubén Darío Ferro Gómez nove mil oitocentos dous euros con sesenta e cinco céntimos de euro (9.802,65 euros) en concepto de indemnización.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se a recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. A presente sentenza leuna e publicouna o xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, en audiencia pública. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pronored, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza