Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2021 Páx. 1026

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 23 de decembro de 2020 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo no Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia convocado mediante a Orde do 12 de novembro de 2020.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, mediante a Orde do 12 de novembro de 2020 (DOG núm. 237, do 24 de novembro), esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Orde desta consellería do 12 de novembro de 2020.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo a praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino a funcionaria está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se darán traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2020

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade

ANEXO

Apelidos e nome: Mª José Fuentes García.

DNI: ***4251**.

Grupo/subgrupo: A1.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Código do posto: EI.O21.00.001.15770.001.

Denominación: subdirector/a xeral de Administración e Persoal.

Nivel: 30.

Centro directivo: Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.