Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2021 Páx. 1117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilamarín (expediente IN407A 2020/058-3).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado nº 2233 do Coeticor, o día 27.10.2020, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na citada data.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Domicilio: A Batundeira nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMT, CT, RBT lugar Sobreira-fase 1.

Situación: concello de Vilamarín (Ourense).

Orzamento: 90.023,12 €.

Características técnicas:

LMTS con E/S no CT Sobreira proxectado, de 280 m de lonxitude en condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no PAS proxectado no apoio existente nº 134-1, do tipo HV-13/630, da LMT PRS811 (expediente IN407A 2016/176), e final no CT proxectado, E/S e conexión á derivación da LMT ao CT incubadora Sobreira.

CT proxectado do tipo compacto con envolvente de formigón, telecontrolado GSM/GPRS/FO, con celas 2L+1P, de 250 kVA de potencia aparente e R/T 20.000/400 V.

Saídas (5) en BT do CT proxectado e ampliación da RBT existente, con condutores subterráneos tipo XZ1-0,6/1 kV, 4 (1×240 mm2 Al) e XZ1-0,6/1 kV 4 (1×50 mm2 Al), cunha lonxitude total de 190 m con final nas CGP proxectadas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 14 de decembro de 2020

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense