Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2021 Páx. 1149

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

XESGALICIA SGEIC, S.A.U.

ANUNCIO da convocatoria dun posto de persoal directivo vacante para a súa cobertura (director/a financeiro/a e de control).

O Consello de Administración de Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., en relación á contratación dunha persoa para dar cobertura ao posto de director/a financeiro/a e de control, adoptou os seguintes

ACORDOS:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura do posto que se indica no anexo I deste anuncio. O director/a financeiro/a e de control depende orgánica e funcionalmente do/a director/a xeral.

Segundo. Aprobar as bases polas que se rexerá o proceso de selección que se inclúen no anexo II.

Para participar nesta convocatoria os/as candidatos/as utilizarán o modelo de solicitude que se inclúe no anexo III.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2020

Rubén Aguión Seoane
Director Xeral de Xesgalicia

ANEXO I

Denominación do posto: Director/a financeiro/a e de control.

Dependencia: Xesgalicia, SGEIC, S.A.U.

Localidade: Santiago de Compostela.

Forma de provisión: concurso (persoal directivo, ao amparo do artigo 110 da Lei 16/2010, do 17 de decembro).

Directivo do grupo 3, nivel 2.

Tipo de persoal: persoal directivo (relación laboral de carácter especial: persoal de alta dirección).

ANEXO II

Bases reguladoras da convocatoria da selección para o posto de director/a financeiro/a e de control de Xesgalicia, SGEIC, S.A.U.

1. Obxecto da convocatoria.

Esta convocatoria ten por obxecto a cobertura do posto de director/a financeiro/a e de control de Xesgalicia, SGEIC, S.A.U. (en adiante Xesgalicia).

2. Vínculo.

O vínculo da persoa seleccionada formalizarase mediante contrato laboral de alta dirección ao amparo do previsto no Real Decreto 1382/1985, de 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección, no artigo 17 do Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico e na Lei 16/2010, de 17 de decembro, de organización y funcionamento da administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

O/a director/a estará suxeito/a ao réxime de incompatibilidades dacordo co establecido no artigo 2.1.h) da Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servicio das administracións públicas, entre outros:

Non poderá compatibilizar a súa actividade pública co desempeño, por si ou mediante substitución de persoa interposta, de calquera outro posto, profesión ou actividade, públicos ou privados, pola súa conta ou allea.

Durante os dous anos seguintes á data do seu cese, non poderá realizar actividades privadas relacionadas con expedientes sobre os que ditara resolución no exercicio do seu cargo nin firmar contratos de asistencia técnica, de servicios ou similares coas administracións públicas. A aplicación deste pacto de non concorrencia (regulado no artigo 8 do Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto) xustifícase por razóns de confidencialidade e implicará unha compensación económica adecuada ao/á director/a seleccionado/a.

3. Funciones do/a director/a.

Son funcións propias do/a director/a financeiro/a e de control, sen carácter exhaustivo, as seguintes:

– Exercicio das facultades de representación e actuación que lle sexan outorgadas.

– Dirección do área financeira no relativo aos procesos de contabilidade, planificación financeira e tesoureira.

– Responsable da elaboración e presentación dos estados financeiros anuais e intermedios, así como das obrigacións tributarias, tanto da sociedade xestora como das entidades de capital-risco por ela xestionadas.

– Responsable de auditoría interna da Entidade.

– Control e seguimento do orzamento anual, análise das posibles desviacións e proposta de medidas correctoras.

– Mantemento do sistema de reporting aos órganos internos e organismos externos.

– Soporte e asesoramento ás demais áreas dentro da Entidade das materias relacionadas coas súas funcións e dentro da súa categoría.

4. Requisitos dos/as aspirantes.

Os/as aspirantes deben reunir los requisitos seguintes:

a) Ter nacionalidade española, ou ter nacionalidade de outro Estado sempre que se cumpran os requisitos do artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, respecto ao acceso ao emprego público de nacionais de outros estados.

b) Non padecer enfermidade nin estar afectados por limitación física o psíquica incompatible co desempeño das funcións correspondentes.

c) Ter cumpridos os dezaseis anos.

d) Non ter sido separado do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para emprego ou cargo público por resolución xudicial, para exercer funcións similares ás que desempeñaba, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, deberase acreditar tamén non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, y nos mesmos termos, ao acceso ao emprego público.

f) Estar en posesión dunha titulación superior universitaria de: licenciatura ou grao en Economía, Empresariais, Administración e Dirección de Empresas, ou titulación equivalente. No caso de equivalencia u homologación deberá xustificarse con certificado expedido polo organismo competente para establecela.

g) Inscrición no ROAC vixente ou durante un mínimo de 2 anos.

Estes requisitos, excepto a inscrición no ROAC deberán cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato.

5. Solicitudes e prazo de presentación.

As solicitudes para participar nesta convocatoria se presentarán nos rexistros e oficinas previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Asemade deberase remitir, por correo electrónico á dirección xesgalicia@xesgalicia.org, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, una copia da solicitude rexistrada que incorpore a totalidade de documentación presentada.

A solicitude deberá reunir todos os datos de identificación requiridos.

A presentación da solicitude implica o coñecemento e aceptación destas bases reguladoras e, segundo o establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, implicará a autorización a Xesgalicia, SGEIC, S.A.U., para comprobar os datos de carácter persoal que figuren no documento DNI/NIE da persoa que teña a condición de interesada, por medio do acceso telemático ao servizo horizontal de acceso ao Sistema de verificación de datos de identidade y de residencia do Ministerio das Administracións Públicas. En caso contrario, o/a solicitante poderá denegar expresamente o consentimento; neste caso deberá presentar coa solicitude, una copia cotexada do documento de identidade en vigor.

Os/as aspirantes deberán presentar, xunto coa solicitude, os seguintes documentos:

Copia cotexada do título universitario exixido ou certificación académica que acredite a realización dos estudos para a obtención do título o, no seu caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do título académico.

Un orixinal, copia cotexada ou copia con código electrónico de autenticidade (código CEA) do informe de vida laboral ou do certificado de abono das cotas ao réxime de autónomos cando se alegan servicios profesionais por conta propia. A experiencia profesional xustificarase ademais, con calquera outro documento que permita acreditar a experiencia reflexada na declaración responsable, tales como contratos de traballo por conta allea ou propia, acta de toma de posesión de cargos públicos ou funcionario público, certificado de tarefas, etc.

Xunto coa solicitude presentarase fotocopia cotexada da correspondente resolución do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas que acredite a inscrición no ROAC.

Coa solicitude deberse relacionar de forma individualizada cada un dos méritos que se aleguen e presentar a documentación acreditativa para a súa valoración (cursos, máster, doutorado...) mediante a presentación de fotocopia cotexada dos títulos ou certificados correspondentes á especialización, doutorado, máster ou postgrao nos ámbitos establecidos, así como ás actividades formativas.

O coñecemento de idiomas xustificarase mediante a presentación de fotocopia cotexada dos correspondentes certificados ou documentos acreditativos.

As persoas aspirantes deberán entregar un documento que recolla una presentación elaborada en formato power point (ou formato similar) tendo en conta que o tempo de exposición posterior non poderá superar os 20 minutos. O documento deberá seguir como orientación os contidos expresados no Anexo IV.

O domicilio que figure na solicitude considerarase como o único válido para os efectos das notificacións y serán responsabilidade do/a aspirante tanto os erros na súa consignación como a comunicación de calquera cambio.

O prazo para a presentación das solicitudes terminará o décimo día hábil, contado dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

6. Admisión de aspirantes.

Trala finalización do prazo de presentación das solicitudes de participación, Xesgalicia revisará as solicitudes e aprobará as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as, con indicación das causas de exclusión. As listas provisionais anonimizadas publicaranse na páxina web de Xesgalicia.

As persoas interesadas disporán dun prazo de tres (3) días hábiles, contados dende o seguinte o da súa publicación na páxina web, para presentar as reclamacións que consideren oportunas.

Unha vez resoltas as reclamacións, ditarase resolución aprobando as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas. Esta resolución farase pública na páxina web de Xesgalicia.

Todas as publicacións referidas a esta convocatoria faranse ademais no taboleiro de anuncios sito na planta baixa da sede social de Xesgalicia situada na rúa Ourense número 6, 15701 Santiago de Compostela.

Esta Sociedade, en cumprimento da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, custodiará e tratará a documentación recibida de forma confidencial e unicamente co obxecto de valorar as candidaturas presentadas, non almacenándose por ningunha vía, ficheiro ou medio, nin sendo cedida, en todo ou en parte a terceiras persoas ou entidades.

7. Tribunal de selección.

O tribunal de selección será nomeado polo Consello de Administración de Xesgalicia e constituirase una vez publicada na web de Xesgalicia a relación definitiva de aspirantes.

O tribunal estará constituído por tres membros, que deberán posuír una titulación académica de igual o superior nivel á solicitada como requisito aos aspirantes, e estará composto por:

– 1 presidente.

– 1 secretario.

– 1 vogal.

Serán de aplicación a este órgano as instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos órganos de selección aprobadas pola Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 11 de abril de 2007 e no acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010.

Correspóndelle ao tribunal as funcións relativas á cualificación dos aspirantes e á adopción, en xeral, de cantas medidas sexan precisas para o desenvolvemento correcto de las probas selectivas e a resolución de incidencias, polo que no se poderá disolver ata a correspondente firma do contrato do aspirante que resulte seleccionado/a.

Así mesmo, o tribunal deberá resolver tódalas dúbidas que se puidesen xerar, así como as situacións derivadas daqueles casos non recollidos nesta convocatoria, axustándose, en todo momento, á normativa de aplicación.

O tribunal de selección deberá contar coa presencia de todos os membros. Os acordos do tribunal adoptaranse por maioría simple de votos, ostentando o/a Presidente, en caso de empate, voto de calidade.

De cada reunión, o/a Secretario/a do tribunal levantará unha acta, no que recolla os membros presentes, o lugar e a data, o resultado das probas e cantos detalles sexan necesarios para acreditar o contido da sesión.

O tribunal terá a súa sede, para os efectos de notificación e incidencias na sede de Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión Colectiva de Tipo Cerrado, S.A.U., rúa Ourense, nº 6, 15701 Santiago de Compostela, onde se atenderán cantas cuestións sexan formuladas en relación co proceso selectivo.

O tribunal poderá solicitar o asesoramento de especialistas nas materias obxecto das probas desta convocatoria, que terán voz pero non voto.

8. Procedemento selectivo.

Unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos exixidos, a selección será efectuada polo procedemento de concurso, que constará de dúas fases, e consistirá na valoración dos méritos alegados e acreditados polos/as aspirantes que se puntuarán de acordo co seguinte baremo, cunha puntuación máxima de 100 puntos.

1ª fase: baremación dos méritos alegados.

A primeira fase consistirá na valoración dos méritos alegados polos aspirantes que se puntuarán de acordo co seguinte baremo, cunha puntuación máxima de 55 puntos conforme á seguinte distribución:

1.1. Formación. Puntuación máxima de 20 puntos.

Por formación valoraranse os cursos, másters ou postgraos, todos eles impartidos por centros oficiais de titularidade pública o privada, así como aqueles realizados polas empresas dentro dos programas de formación interna para a capacitación dos seus traballadores, estes últimos, especialmente no sector da auditoría e control e en todo caso, relacionados coas funcións do posto a cubrir, ata un máximo de 20 puntos, coa seguinte baremación:

Duración (D)

Puntuación

D ≥ 1.000 horas

14

500 ≤ D < 1.000 horas

10

100 ≤ D < 500 horas

6

20 ≤ D < 100 horas

2

D < 20

0

1.2. Experiencia. Corresponde a esta parte a puntuación máxima de 30 puntos.

Valorarase o tempo de experiencia en postos con tarefas relacionadas coas funcións do posto a cubrir. Valoración:

Outorgaranse 0,4 puntos por mes de experiencia acreditada, puntuándose a partir do mes 36 (non incluído).

1.3. Formación acreditada en coñecemento de inglés. Corresponde a esta parte a puntuación máxima de 5 puntos.

Dado que o inglés é o idioma estranxeiro do que máis termos empregará o/a candidato/a seleccionado/a no seu traballo diario e aquel no nacen as principais novidades tanto no ámbito financeiro en xeral como máis especificamente no entorno do capital-risco e a inversión en novas empresas, debido á tradición e importancia destas entidades nos países anglosaxóns, valoraranse os coñecementos que o candidato teña deste idioma en función das certificacións de nivel de inglés presentadas, segundo a seguinte baremación:

1 punto

2 puntos

3 puntos

4 puntos

5 puntos

Escolas oficiais Idiomas

N. básico: 2º curso

N. intermedio: 2º curso

N. avanzado: 2º curso

U. Cambridge

KET

PET

FCE

CAE

CPE

TOEFL (EE.UU)

45-60/133-170/450-497

61-79/173-210/500-547

80-120/213-247/550-597

/250-300/600-677

IELTS, British Council

3.0

3.5/4.0/4.5

5.0/5.5/6.0

6.5/7.0

7.5+

Trinity College, London

T. Grades 3, 4

T. Grades 5, 6

T. Grades 7, 8, 9

T. Grades 10, 11

T. Grade 12

A valoración será a correspondente á certificación que outorgue unha maior puntuación, sen que en ningún caso sexan acumulativas.

1.4. Para acceder á 2ª fase do procedemento selectivo, o/a candidato/a deberá obter polo menos unha puntuación agregada de 30 puntos na fase 1ª. Calquera candidato/a cunha puntuación inferior á sinalada, será excluído/a do procedemento de selección.

A relación provisional coas puntuacións obtidas polos aspirantes publicarase na páxina web de Xesgalicia. As persoas interesadas disporán dun prazo de tres (3) días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación na páxina web, para presentar as reclamacións que consideren oportunas.

Unha vez resoltas as reclamacións, ditarase resolución mediante a que se aprobe a lista anonimizada coas puntuacións definitivas da fase 1ª. Esta resolución farase pública na páxina web de Xesgalicia.

O/as candidatos/as que superen a primeira fase do procedemento selectivo serán convocados, nun prazo máximo de tres (3) días hábiles dende a publicación da lista coas baremacións definitivas da primeira fase, para a exposición da presentación remitida.

2ª fase: exposición da presentación remitida e entrevista persoal.

A segunda fase do proceso selectivo consistirá na exposición dun traballo e a realización dunha entrevista persoal (o/as candidatos/as poderán ser convocados a tales efectos ben presencialmente ou telemáticamente) que se puntuarán segundo o seguinte baremo, cunha puntuación máxima de 45 puntos conforme á seguinte distribución:

2.1. Presentación e exposición asociada: O documento deberá contemplar e incluír dúas áreas temáticas:

Área I: contas anuais: presentación das contas anuais do ano 2019 das entidades Sodiga Galicia, S.C.R., S.A. e de Galicia Innova Tech Ficc, xestionadas por Xesgalicia.

Área II: control interno: presentación sobre o modelo de control interno proposto para Xesgalicia e para as entidades por ela xestionadas.

Os/as aspirantes deberán facer unha exposición oral do documento presentado, cunha duración máxima de 20 minutos. Os candidatos deberán asistir, asemade, cos documentos e follas de traballo (en formato electrónico) que serviron de base para a elaboración da presentación. Tralo tempo de exposición, o tribunal de selección formulará cantas cuestións considere oportunas.

A puntuación máxima correspondente a esta proba é de 35 puntos, empregando o tribunal os seguintes criterios de valoración:

Comprensión do negocio de Xesgalicia: ata 5 puntos.

Nivel de coñecemento sobre a materia obxecto de exposición: ata 5 puntos.

Valoración das conclusións: ata 5 puntos.

Capacidade para comunicar conceptos e conclusións, eficacia e claridade na exposición, capacidade crítica e de síntese: ata 5 puntos.

Calidade do documento de presentación en termos de claridade, contido e estrutura: ata 5 puntos.

Capacidade de resposta adecuada ás cuestións formuladas: ata 5 puntos.

Durante a quenda de preguntas da exposición do traballo, formularase algunha cuestión en inglés que o/a candidato/a deberá responder no dito idioma: ata 5 puntos.

A data e o lugar establecidos para a exposición e defensa das presentacións serán publicados na web de Xesgalicia con dous (2) días hábiles, polo menos, de anticipación á sinalada para o seu inicio.

Os/as candidatos/as deberán presentarse á proba provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

2.2. Entrevista persoal.

A entrevista terá unha duración máxima de trinta (30) minutos e terá carácter persoal, sendo entrevistado/a cada candidato/a polo tribunal de forma individualizada ao resto de candidatos/as.

A entrevista ten por finalidade obter un mellor coñecemento do/a candidato/a, grazas á comunicación directa que a entrevista posibilita. Asemade a entrevista permite ao candidato presentarse ante a organización, argumentar a súa experiencia e ter a oportunidade de resolver dúbidas ao respecto do posto de traballo ao que está aspirando.

A entrevista terá lugar a continuación da exposición referida no apartado anterior e será cualificada, segundo a valía dos/as candidatos/as, de 0 a 10 puntos.

9. Cualificación e lista de persoas seleccionadas.

A cualificación final virá determinada pola suma das puntuacións obtidas en cada unha das fases.

No caso de empate na puntuación total, dirimirase a favor da persoa que obteña maior puntuación na parte de exposición da presentación.

De persistir o empate, resolverase a favor do/a aspirante que obtivera a maior puntuación na parte de experiencia laboral. Se aínda así persiste o empate, resolverase polo tribunal a favor do/a aspirante que obtivera a maior puntuación na entrevista persoal.

Unha vez finalizado o proceso de selección, o tribunal publicará na páxina web a lista anonimizada provisional das puntuacións obtidas polos aspirantes con indicación do/a candidato/a seleccionado/a. Concedera/se un prazo de tres (3) días hábiles dende a publicación para presentar alegacións. Una vez resoltas, no seu caso, as alegacións presentadas, o tribunal emitirá a proposta da lista definitiva de puntuacións obtidas polos/as aspirantes con indicación do/a candidato/a seleccionado/a. O tribunal elevará esta proposta ao órgano competente da Entidade, que ditará o acordo polo que se aprobe a listaxe definitiva de puntuacións obtidas polos aspirantes con indicación do/da candidato/a seleccionado/a e o seu nomeamento.

A listaxe anonimizada definitiva de aspirantes, ordenados de maior a menor puntuación, conformará a lista de espera. No caso de renuncia, cubrirase o posto co/a aspirante seguinte da lista de espera. De igual modo procederase no caso da non superación do período de proba por parte do/a aspirante.

De non presentarse solicitudes, de non cumprir ningunha das rexistradas os requisitos exixidos ou de ser considerado que ninguén dos/as candidatos/as resulta idóneo para o posto, a convocatoria será declarada deserta mediante resolución do tribunal de selección de Xesgalicia que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

10. Formalización do contrato.

A incorporación ao posto de traballo efectuarase dentro dos quince (15) días naturais seguintes ao requirimento formal por parte de Xesgalicia.

missing image file
missing image file

ANEXO IV

Entregarase un documento que recolla unha presentación elaborada en formato power point (ou formato similar). A presentación deberá incluír dúas áreas temáticas:

Área I. Contas anuais: presentación das contas anuais do ano 2019 das entidades Sodiga Galicia, S.C.R., S.A. e de Galicia Innova Tech Ficc, xestionadas por Xesgalicia.

Área II. Control Interno: presentación sobre o modelo de control interno proposto para Xesgalicia e para as entidades por ela xestionadas.

Propóñense a modo de índice os seguintes contidos para a exposición dos/as candidatos/as acerca de cada unha das dúas áreas temáticas:

Área I. Contas anuais:

Análise das últimas contas anuais da sociedade/fondo:

Análise patrimonial da estrutura do balance e a súa evolución.

Análise estática e dinámica da conta de resultados da sociedade/fondo.

Análise dos principais indicadores de liquidez, solvencia e rendibilidade da sociedade/fondo.

Criterios de valoración, análise e evolución da carteira de investimentos.

Conclusións:

Valoración económico-financeira da evolución e situación actual da sociedade/fondo.

Propostas de mellora a futuro.

Área II. Control interno:

Exposición da estrutura de control interno considerada como máis axeitada dada a natureza, os obxectivos e a actividade de Xesgalicia.

Obxectivos principais da función de control interno.

Ferramentas e estratexias de control interno.

Criterios propostos.

Conclusións:

Modelo e enfoque de control interno proposto.