Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2021 Páx. 1111

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 163/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo da clase de execución de título xudicial seguido baixo o número 163/2020, en que figuran como intervenientes González Arrebola, S.C., Juan Arrebola Prieto e Macarena Arrebola Prieto, no cal se sinalou comparecencia telemática para o día 26.1.2021, ás 13.30 horas.

Atopándose as ditas partes en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto, cumprindo o disposto na Instrución 6/12 da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que sirva de notificación en forma deste.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza