Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2021 Páx. 1112

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 163/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 163/2020 deste xulgado do social se ditou auto con data do 14 de decembro de 2020 contra o que se poderá interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días.

Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da/das dita/s resolución/s na secretaría deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguinte comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a González Arrebola, S.C., Juan Arrebola Prieto e Macarena Arrebola Prieto, expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza