Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2021 Páx. 651

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de resolución (RSU 278/2019 MDM).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 278/2019, seguido por instancia de María Ángeles Fuentes Ríos contra Nueva Omsa España, S.A., Sara Lee de España, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento disciplinario, foi pronunciada resolución pola Sala do Social do Tribunal Supremo con data do 3 de novembro de 2020, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«A Sala acorda: declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Jorge Ulla Rocha, en nome e representación de María Ángeles Fuentes Ríos contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 27 de maio de 2019, no recurso de suplicación número 278/2019, interposto por María Ángeles Fuentes Ríos contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela do 17 de setembro de 2017, no procedemento número 558/2017 seguido por instancia de María Ángeles Fuentes Ríos contra Nueva Omsa España, S.A. e Sara Lee de España, S.A., sobre despedimento.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sara Lee de España, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza