Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2021 Páx. 428

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 18 de decembro de 2020 polo que se somete a información pública a modificación puntual número 2 do proxecto sectorial do parque empresarial da Laracha (A Coruña).

De conformidade co establecido no artigo 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e nos artigos 13 e 14 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese á información pública, durante o prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a modificación puntual número 2 do proxecto sectorial do parque empresarial da Laracha (A Coruña).

Durante o prazo referido calquera persoa poderá examinar a devandita documentación na páxina web do IGVS (http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada) e presentar ante el as alegacións, os documentos e as xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2020

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo