Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2021 Páx. 426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 17 de decembro de 2020, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos procedementos sancionadores ES-P-0095/19 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentadas as notificacións persoais nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos adoptounos o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra.

Dada a situación actual ocasionada pola COVID-19, a comparecencia solicitarase a través do seguinte correo electrónico: cita.igvs.pontevedra@xunta.gal.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 17 de decembro de 2020

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: ES-P-0095/19.

DNI: 35789906C.

Acto obxecto de notificación: resolución.

Expediente: ES-P-009/20.

DNI: 36119637T e 35308992J.

Acto obxecto de notificación: resolución.