Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 262 Xoves, 31 de decembro de 2020 Páx. 51341

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2020 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas para o pagamento da comisión inicial de apertura destinadas ás persoas beneficiarias dos préstamos de adianto das axudas da PAC no ano 2020.

A Orde do 10 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas para o pagamento da comisión inicial de apertura destinadas aos beneficiarios dos préstamos de adianto das axudas da PAC no ano 2020 (DOG núm. 114, do 12 de xuño) prevé no seu artigo 6.5 que a notificación das resolucións poderá realizarse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, cun enlace á páxina web do Fogga.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Dar publicidade na web do Fogga ás listaxes das resolucións das solicitudes de axudas reguladas na Orde do 10 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas para o pagamento da comisión inicial de apertura destinadas aos beneficiarios dos préstamos de adianto das axudas da PAC no ano 2020.

Na web publicaranse as listaxes de concesión e de denegación das axudas, con indicación da convocatoria, a persoa beneficiaria, a cantidade, de ser o caso, concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como, se for o caso, as causas da denegación.

As persoas interesadas poden acceder á dita web no seguinte enlace para cada campaña:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/beneficiario_de_axudas_pac

Estas axudas son financiadas pola Consellería do Medio Rural.

Contra as citadas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Fogga no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, consonte co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de interposición concluirá o mesmo día desta publicación no mes de vencemento, de conformidade co artigo 30.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2020

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria